« E o cine? | índice

#19


Hoje tinha pinta de ser o típico día de merda. Quedei durmido, corteime ó afeitarme intentando ganhar tempo, tropecei coas escaleiras... Case atropelo un absurdo can conjelado no medio da estrada...

Pero nada mais chegar ó traballo a minha compañeira P., a que case non conhezo realmente, e que chegou hoje das súas vacacións, deume dos bicos mentras nos felicitábamos mutuamente polo aninovo. É uma tontería pero non o esperaba (as outras companheiras nunca me dan bicos), e ja consegui animarme un chisco.

A felicidade son cousas tontas como esta, concentrarse nos pequenhos detalhes e esquezer o resto do mundo por un intre.


* por Felipe || janeiro 5, 2004 11:20 PM

Comentarios


Co fácil que é sentirse feliz, e hai que ver canta de xente se esforza en que non o sexamos...

Feliz Ano, companheiro!

* por Martin Pawley || janeiro 8, 2004 11:05 PM

Feliz Ano, saúde!!

* por Felipe || janeiro 10, 2004 12:14 PM

Ais...

* por Pépi (de Pépi, Lúci e Bom) || fevereiro 23, 2004 08:24 PM