« #15 | índice | As fotos minten »
tic tac
insomnio
estaba listo
sen nada por facer
agardando
agardando
agardando
tic tac
canso pero non
cerca minha
alguén vivía
dalguma maneira estranha pero sen dúbidas
e dábame envexa
tic tac
guindei o despertador polo cuarto
saíu pola fiestra
pasou por encima das vinhas
sobrepasou as casas
(dos vecinhos que non conozco)
atravesou o país enteiro
o mar
caeu no deserto
tic tac
é o mesmo
porque volveu
non sei como
pero sempre volve
tic tac
Parabéns, acabo de aterrar aquí, máis votarei, gústame a túa poesía.
* por paleon || fevereiro 8, 2004 03:21 AM