Aquí na Galiza, Portugal case non existe; a presenza dos mass media portugueses é meramente anecdótica, únicamente no sul (na raia) pódense sintonizar radios portuguesas... A RTP vese a traves de canles vía satélite, pero o acceso a estes non é moi doado, e igual pódese facer dende Madrid que dende Cruña. Non entendo porque a RTP e as outras canles portuguesas nunca intentaron conseguer licencia para poder emitir enrriba do Miño. O afastamento actual dos códigos entre as dúas ¿linguas? é máis que evidente, pero débese mais a criterios políticos e administrativos que á realidade.
Galiza é un país lusófono pero o noso Estado nega a evidencia... Para a maioria dos galegos resulta difícil (de primeiras) entenderse cun portugués na oralidade, pero tan só se precisa de motivaçom e experiencia para facerse entender e comprender os modismos formáis do portugués. O espanhol de Andaluzia ou Arxentina tamén soan moi diferentes pero a interacçcom entre as comunidades hispanas nunca supuso ningún problema. ¿Por que non pasa o mesmo coas naçoms lusófonas? O problema é que nas nosas escolas non temos ningún achegamento co portugués, tan só aprendemos un galego "espanholizado" ortográfica e gramaticamente, mentras que a cultura portuguesa é desprezada e ignorada. Non coñecemos nen música, nen escritores, nen filmes nen nada. O único portugués realmente coñecido em Galiza é Figo... Na Galiza (e na Espanha) Portugal é un país fantasma, está perto pero moi lonxe...
Estive na Galiza em Junho e tive a exacta percepção do que acabas de descrever...
Pareceu-me que Portugal era querido aos Galegos de uma forma diferente (em Madrid, não senti nada disso, por exemplo). Senti-me muito bem na Galiza. Assim como quem está perto de casa... ;-)
Aqui em Portugal, quem tem tv por cabo, pode assistir à TV Galizia sem custos adicionais.
Espanha e a cultura espanhola não são de todo esquecidas por aqui.
E acho que todos sabemos que a Galiza é um caso muito especial.
Sem dúvida que uma emissão portuguesa faria todo o sentido por aí.
Li recentemente que o jornal Público distribui também na Galiza.
Pode ser que seja o começo de uma nova lusofonia... ;-)
abraço.
* por Tiago || novembro 19, 2003 05:14 PMObrigado pelo comentario Tiago... Espero que sí, somos países con muito en común... Sempre sorprendeume o muito que sabían en Portugal da Espanha, empezando polo castelán... Aquí seguimos a mirar para outros lados tendo tanto tan cerca...
* por Filipe || novembro 20, 2003 05:48 PMGalicia non é un pais lusófono pola mera razón de que o galego-portugués procede da antiga Gallaecia, e non da Lusitania... Polo tanto, non se pode denominar o galego lusófono. Tampouco creo que teñamos que andar tódolos días a aprender a escribir con novas normas, etc... Preocúpemonos de recuperar o que o galego está perdendo, e deixemos esa teima de intentar unilo todo o tempo co portugués... Aparte de crer que o galego non é portugués, gustariame deixar tamén fe de que as nosas línguas sexan tan parecidas, e que é todo un orgullo poder entendernos cos nosos irmáns do Sur do Miño (sempre que falen máis despacio, ó menos para min...) Viva Galicia e viva Portugal!